Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ryanair ofrece volver a Peinador se Aena rebaixa as taxas como pide a Comisión da Competencia

Ryanair ofrece volver a Peinador se Aena rebaixa as taxas como pide a Comisión da Competencia

A aeroliña di que recuperaría a actividade en aeroportos que abandonou, como Vigo

A CNMC recomenda que o xestor aeroportuario reduza as tarifas nun 0,59 por cento

G24.gal 04/06/2026 14:48

Ryanair ofrece repetir viaxe e regresar a Vigo pero pide algo a cambio. Despois de que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia lle recomendase a Aena reducir as taxas (un 0,59 %), a aeroliña asegura que, se o Goberno segue ese consello, empezaría a recuperar o que denominan "a capacidade perdida" e engade que, nese plan para retomar o voo, se incluén aqueles aeroportos onde xa non opera, citando directamente a Vigo.

"Se o Goberno de España aplica as recomendacións da CNMC e logra unha redución significativa das taxas, Ryanair, que ten previsto recibir trescentos novos avións Boeing 737 MAX-10 nos próximos sete anos, non só recuperará a capacidade que España perdeu como consecuencia das taxas excesivas de Aena, senón que tamén xerará un importante crecemento adicional do tráfico", asegura a empresa nunha resposta oficial escrita.

Aena, de momento, non contesta ao desafío. A súa proposta, ata agora, era unha suba das taxas do 3,82 % para os próximos anos. O xestor, entrementres está a conversar con outras aeroliñas para estudar a posibilidade de recuperar ou abrir novas rutas en Galicia. No caso de Vigo están sobre a mesa destinos como Bruxelas, Frankfurt ou París.

"O importante sería que non houbese tanta estacionalidade no verán, que houbese unha boa aposta por estes aeroportos, que permanecesen durante todo o ano porque iso é o que lle daría máis seguridade aos nosos aeroportos", apunta Marta Galindo, de Viaxes Margali, delegada en Vigo da Asociación Galega de Axencias de Viaxes.

En Santiago, de feito, abriron novas rutas esta mesma semana. Vueling con Xerez e Air Lingus con Cork. Antes, tamén Nova York, pero de momento só están confirmadas durante o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade