Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio deixa completamente calcinada unha casa en Xunqueira de Espadanedo

Un incendio deixa completamente calcinada unha casa en Xunqueira de Espadanedo

A casa comezou a arder pasadas as once da noite e afectou ás dúas vivendas lindeiras

No incendio non houbo que lamentar danos persoais

Así quedou a casa de Xunqueira de Espadañedo tras o incendio de onte á noite Así quedou a casa de Xunqueira de Espadañedo tras o incendio de onte á noite
G24.gal 13/12/2025 09:56

Unha vivenda ardeu por completo e outras dúas lindeiras quedaron afectadas por un incendio na noite de onte venres, en Xunqueira de Espadanedo. No incendio non houbo que lamentar danos persoais.

O lume, no lugar da Touza, iniciouse na vivenda que finalmente quedou calcinada. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse ao redor das 23:10 horas, cando un particular informou de que estaba a arder unha casa e pouco despois confirmou que non había feridos. A persoa que chamou tamén xa advertiu da proximidade doutras vivendas e do risco de propagación do lume.

Os servizos de extinción lograron controlar e sufocar o incendio, aínda que non puideron impedir que calcinara por completo a vivenda na que se orixinou e que provocara danos en dúas casas lindeiras.

Unha delas, en estado de ruína, viuse afectada na parede medianeira, mentres que na outra resultaron danados dous cuartos, cun derrubamento parcial do teito.

Os equipos permaneceron no lugar durante varias horas realizando tarefas de arrefriado.

No amplo operativo participaron os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, os GES de Maceda e do Pereiro de Aguiar, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Espadanedo.

Incendio nun edificio da Coruña

De madrugada tamén se produciu un incendio no baixo dun edificio de catro plantas situado na Costa de María Pita, en Arteixo (A Coruña) no que tampouco se rexistraron persoas feridas.

Un particular deu o aviso ao 112 Galicia á 1:15 horas e, como medida preventiva, numerosos veciños abandonaron as súas vivendas, ás que puideron regresar despois de que os equipos de emerxencias realizaran as medicións de fume e confirmaran que as condicións eran seguras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade