O envellecemento da poboación e a vivenda complican o desenvolvemento de Galicia
O Atlas Urbano da sostibilidade apunta a necesidade de mellorar a mobilidade nas áreas metropolitanas
Máis do 55 % da poboación galega reside nas sete grandes cidades e nas súas áreas de influencia. En total, case millón e medio de persoas.
"Temos unha urbanidade propia galega, singular", asegura o sociólogo Xosé Gabriel, Coordinador do Atlas Urbano de Galicia.
Unha poboación avellentada que está recibindo inmigrantes e que ten na vivenda un dos principais problemas para seguir medrando.
"Non está decrecendo no caso da Coruña, Vigo ou Santiago grazas a que atraen migración. Pero dentro de cinco anos nin así. Iso é falta de combustible na sociedade galega".
O Atlas Urbano da Sostibilidade tamén apunta á necesidade de seguir potenciando a mobilidade nas áreas metropolitanas para reducir o uso do vehículo, que segue sendo maioritario para os desprazamentos en Galicia.