Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calor abafante en zonas de Ourense e Pontevedra: Leiro rexistra a máxima con 38,2 graos

Calor abafante en zonas de Ourense e Pontevedra: Leiro rexistra a máxima con 38,2 graos

Estiveron afectados máis de 30 concellos

G24.gal 09/06/2025 14:20

O municipio ourensán de Leiro rexistrou a temperatura máxima na comunidade galega este luns: 38,2 graos.

Segundo a información de Meteogalicia, séguenlle os concellos de Ourense, con 37,6 graos, e Salceda de Caselas (Pontevedra), 36,7 graos.

Mentres, a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou a alerta amarela por risco de tormentas para este martes, 10 de xuño, na costa de Pontevedra e A Coruña a partir das 21,00 horas.

A calor volveu a Galicia e nótase especialmente neste inicio da semana, cunha alerta amarela activada por altas temperaturas na cunca do río Miño ao seu paso por Ourense e Pontevedra.

A alerta , activada ata as 21 da noite, afectou a máis de 30 concellos. Pero… como se prepara a xente para isto?

"Moita auga e saír pouco", "Poñerme á sombra e sen arriscar" ou "Eu teño que botar unha crema que me dura dous días e custa 25 euros" son algunhas das respostas da xente en referencia a esta cuestión. Porén, hai outros que optan por non pensar no tempo e deixarse levar:

"Eu non me preparo, vén e punto. Poño unha camisa e acabouse, porque outra cousa non podo facer. Moitas veces dinche que vai vir un día fenomenal e chove".

As reaccións son un tanto dispares. Hai quen prefire as temperaturas invernais e hai quen prefire a calor, a pesar de que súen un pouco.

De todos os xeitos, esta situación será breve, pois a previsión apunta que o mércores volverá cambiar o tempo, con ata 10 graos menos de máximas e posibilidade de chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade