Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio preto das casas alerta a veciñanza do barrio ourensán de Covadonga

Un incendio preto das casas alerta a veciñanza do barrio ourensán de Covadonga

Sospeitan que o lume comezou nun pendello habitado por unha persoa indixente e logo prendeu no monte

O pendello no que puido comezar o incendio
G24.gal 15/06/2025 17:04 Última actualización 15/06/2025 19:35

Un incendio a escasos metros das casas alerta a veciñanza do barrio ourensán de Covadonga. Os bombeiros recibiron o aviso sobre as 15:40 horas.

Segundo as autoridades policiais, o lume comezou nun pendello onde vive unha persoa indixente coñecida polas forzas de seguridade, prendeu no monte e queimou unha hectárea de terreo.

Os forestais sospeitan que o home estaba queimando cable para a extracción de cobre. No punto orixinario do incendio atopouse un enganche ilegal de luz e un xerador.

Ás cinco da tarde o lume xa estaba controlado grazas á mobilización de dous hidroavións, un helicóptero e varias dotacións de bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade