Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vida é un milagre: Unha ovella trouxo catro años no mesmo parto

A vida é un milagre: Unha ovella trouxo catro años no mesmo parto

Unha ovella de Palas de Rei trouxo catro años nun mesmo parto

Estes años vivirán ceibos nas 20 hectáreas que ten o pazo de seu dono

G24.gal 15/06/2025 13:44

Gustavo Castellano leva sete anos vivindo en Galicia e rexenta unha casa de turismo rural en Laia, en Palas de Rei, a onde chegou buscando un lugar para vivir en paz e tamén unha vía de negocio.

Comprou o pazo e as vinte hectáreas que ten a carón. Para evitar que o monte se apodere, fíxose con tres ovellas, un rabaño que foi medrando e que agora está conformado por dous cabalos, vinte cabras e vinte e seis ovellas. E no medio de toda esta habenza hai cinco días que se produciu a maxia, e unha das súas ovellas pariu catro años no mesmo parto.

A nai é moi boa cos cordeiros, aténdeos moi ben pero Gustavo estaa axudando na crianza e aleita as crías dúas veces ao día cun biberón, por se non lles chegase o leite da nai.

Nun futuro estes años vivirán ceibos nas 20 hectáreas que ten o pazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade