Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bañistas seguen pendentes das medusas que trouxo o nordés hai uns días ata Foz

Os bañistas seguen pendentes das medusas que trouxo o nordés hai uns días ata Foz

Os vixiantes dos areais recolléronas e lembran da importancia de non tocalas porque se fosen doutra variedade poderían ser irritantes

As medusas que chegaron a Foz eran das inofensivas

G24.gal 27/07/2025 14:53

Poucos as viron, pero si saben da súa presenza. Indican varios bañistas que escoitaron falar das medusas, pero que de momento "non hai ningunha".

Hai uns días que as medusas fixeron aparición nalgunhas praias lucenses. Manifesta o socorrista da praia de Foz, Miguel Rodríguez, que "estes días co nordés apareceron un cento de medusas veleiro, pero ningunha caraveira portuguesa".

Esta variedade é a máis perigosa. O ano pasado avistáronse en varias praias. É o que indica unha usuaria da praia da Rapadoira, en Foz, que di que "había a morada grande, pero este ano non vin ningunha aínda".

Por se volven aparecer, eviten tocalas. Lembra o socorrista Miguel Rodríguez que "cando se vexa algunha medusa, sobre todo as caraveiras, hai que dar aviso ao vixiante"

As medusas detectadas ata o momento, tipo veleiro, son inofensivas para as persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade