Un incendio calcina unha casa ocupada ilegalmente no centro de Santiago
O lume orixinouse no primeiro piso dunha casa da rúa Algalia de Abaixo
Non houbo que lamentar danos persoais; no momento do incendio o piso estaba baleiro
Un incendio de madrugada no centro histórico de Santiago fixo saltar todas as alarmas. Nesta zona as vivendas son de madeira por dentro polo que o lume pode espallarse axiña. Ao parecer a casa estaba ocupada ilegalmente.
Contra as tres e cuarto da mañá recibían o aviso os bombeiros de Santiago de Compostela. Acudiron axiña e lograron controlar as lapas rapidamente; transcorrida media hora o lume xa estaba apagado.
A primeira planta, onde se orixinou o lume foi a máis afectada
O piso incendiado é unha primeira planta dun edificio da rúa Algalia de Abaixo, en plena zona vella zona de Compostela. É esta primeira planta, na que se orixinou o lume, a máis afectada polo incendio.
Non houbo que lamentar danos persoais porque a vivenda estaba baleira no momento en que prendeu o lume.
De momento, descoñécense as causas do incendio. Os axentes da Policía Local e da Policía Nacional entraron esta mañá no inmoble para analizar as posibles causas do lume.