Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 2.000 aspirantes ás oposicións ao ensino en Galicia pasan á segunda fase

Máis de 2.000 aspirantes ás oposicións ao ensino en Galicia pasan á segunda fase

Inscribíranse no proceso máis de 20.500 persoas e presentáronse 17.600

Saíron 1.664 prazas a concurso

G24.gal 12/07/2025 13:40 Última actualización 12/07/2025 14:16

Das máis de 20.500 persoas que se inscribiron para opositar ao ensino en Galicia este verán presentáronse ás probas 17.600. Culminada a primeira parte do proceso, o conselleiro de Educación anunciou que pasaron á última fase, a de programación, 2.123 aspirantes.

Recordamos que hai 1.664 prazas a concurso.

 "Estamos xa nuns números moi axustados que van posibilitar que o 20 de xullo teñamos xa rematado este proceso", puntualizou Román Rodríguez.

O conselleiro subliñou que o desenvolvemento das oposicións é complexo desde o punto de vista loxístico, pero que todo está discorrendo con normalidade.

"Estamos a falar de 183 tribunais, que mobilizan 2.500 profesores e profesoras que forman parte dos mesmos", explicou.

Román Rodríguez fixo estas declaracións antes de participar na conmemoración do centenario da chegada a Galicia do refractor Steinheil, no Observatorio Astronómico de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade