Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nace a marca "Saberes do Monte" para promocionar os produtos da serra do Xistral

Nace a marca "Saberes do Monte" para promocionar os produtos da serra do Xistral

O mel e as carnes de poldro e tenreira representan esta zona da provincia de Lugo

G24.gal 07/06/2025 12:57 Última actualización 07/06/2025 14:39

Na mañá deste sábado deuse a coñecer no Valadouro Saberes do Monte, unha marca colectiva coa que se pretende defender a cultura, o hábitat e os produtos da serra do Xistral, na Mariña interior.

É unha iniciativa de conservación da biodiversidade ao abeiro do proxecto RURALtXA!, promovido pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación HAZI. 

Durante toda a fin de semana sucederanse os actos para dar a coñecer estes produtos, con show-cookings, catas e tamén cunha ruta para coñecer in situ o espazo natural en que se crían estes animais.

Ademais, supón a defensa dun tipo de ecoturismo sostible que axuda "á conservación dos hábitats e ao desenvolvemento das comunidades rurais", segundo aclaran dende a marca Saberes do Monte, que tamén ten como obxectivo conectar o produto local coa gastronomía e o territorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade