Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan no monte Pindo un grupo de sendeiristas aos que os sorprendeu a noite

Rescatan no monte Pindo un grupo de sendeiristas aos que os sorprendeu a noite

Estaban nunha zona de difícil acceso preto da cova da Casa da Xoana

G24.gal 13/09/2025 09:36 Última actualización 13/09/2025 10:41

O grupo de sendeiristas facía unha ruta polo monte Pindo, no concello de Carnota, cando os sorprendeu a noite. Topábanse preto da cova da Casa da Xoana e non tiñan medios para continuar na escuridade. Eran as 21:45 horas e decidiron chamar a Emerxencias.

Segundo informa o 112, activouse un operativo de busca no que participaron axentes da Garda Civil, da Policía local de Carnota e membros do GES de Muros. 

O acceso á zona era complicada e había que percorrer a pé unha distancia importante para chegar ata o grupo. Malia e todo, sobre as tres da mañá, lograron localizalos en bo estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade