A banda marrón avanza no monte galego e a Xunta anuncia axudas para a plantación de coníferas e frondosas
A banda marrón avanza no monte galego e a Xunta anuncia axudas para a plantación de coníferas e frondosas
A corta e o cambio de plantación parece ser a mellor solución polo de agora
Estamos na Pastoriza, concello da provincia de Lugo cunha gran riqueza forestal, e no que parte dos seus piñeiros están afectados pola banda marrón, como popularmente se coñece o fungo que seca as follas da variedade radiata.
A conselleira de Medio Rural, María Xosé Gómez, visitou esta mañá a zona e explicoulles aos propietarios da comunidade de montes que tiveron que cortar 125 hectáreas de piñeiro o que lle supón para este problema a flexibilización da moratoira do eucalipto ás plantacións afectadas pola banda marrón, segundo a cal poderase destinar o 50% desta superficie para plantar eucalipto e o outro 50% destinalo a outra conífera, que non sexa suceptible a este mal, ou por frondosas.
A conselleira indicou que se publicarán novas liñas de axudas de ata un 65% para plantacións de coníferas e frondosas para montes veciñais. Para os particulares, especialmente para as faixas secundarias dos lugares nos que houbo lumes, lembrou que dende a Xunta estanse dando de balde frondosas e froiteiras, un agasallo ao que tamén se poden acoller iniciativas veciñais.