Publicador de contidos

Publicador de contidos

O furacán Melissa deixa polo menos dez mortos en Xamaica e máis de 735.000 evacuados en Cuba

O furacán Melissa deixa polo menos dez mortos en Xamaica e máis de 735.000 evacuados en Cuba

O primeiro ministro declara zona catastrófica e hai un número indeterminado de desaparecidos

Toca terra este mércores xa na costa do oriente de Cuba

G24.gal 28/10/2025 21:22 Última actualización 29/10/2025 16:17

O furacán Melissa, de categoría 5, tocou terra en Xamaica con ventos de ata 295 quilómetros hora. Polo menos 10 persoas faleceron e o primeiro ministro declarou o país zona castastrófica. Ademais dos falecidos, hai un número indeterminado de desaparecidos e danos en hospitais, estradas e no sistema eléctrico. 

Ducias de casas derrubáronse e hai persoas  atrapadas baixo os entullos na localidade de Sou Gabion, en Petit-Goâve. As autoridades da zona advertiron de que se trata dun balance parcial, xa que continúa a procura de sobreviventes e desaparecidos.

Este mércores o furacán tocou terra xa na costa sur do oriente de Cuba acompañado de fortes ventos, intensas choivas e unha gran marusía ciclónica. Neste país máis de 535.000 persoas tiveron que ser evacuadas.

Está previsto que Melissa "siga sendo un furacán potente" cando se desprace polas Bahamas e así mesmo cando se achegue a Bermudas o xoves pola noite.

Os fortes ventos manteñen hoxe os avisos por condicións de furacán sobre as provincias cubanas de Granma, Santiago de Cuba, Guantánamo, Holguín e As Tunas; así mesmo sobre o sueste e centro das Bahamas .

Hai unha alerta de furacán vixente para Bermudas e aviso por tormenta tropical en Xamaica, Haití, a provincia cubana de Camagüey, Illas Turcas e Caicos. 

Na zona de Santiago de Cuba xa se recolleron ata 90 litros por metro cadrado Na zona de Santiago de Cuba xa se recolleron ata 90 litros por metro cadrado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade