Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dado de alta o bombeiro ferido nos incendios de Ourense, mentres seguen ingresados outros seis

Dado de alta o bombeiro ferido nos incendios de Ourense, mentres seguen ingresados outros seis

Un rexistrou queimaduras nos incendios da provincia ourensá e os outros cinco no de Barreiros

Un dos bombeiros do dispositivo que acudiu ao incendio de Barreiros (Carlos Castro-Europa Press) Un dos bombeiros do dispositivo que acudiu ao incendio de Barreiros (Carlos Castro-Europa Press)
G24.gal 19/09/2025 12:30

O bombeiro ferido nos incendios rexistrados no mes de agosto en Ourense recibiu a alta, segundo informaron fontes do complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC), onde estaba ingresado.

Trátase do efectivo de 46 anos que presentaba queimaduras de segundo grao con afectación no 10 % do corpo e que sufriu intoxicación por inhalación de fume.

Así mesmo, continúan ingresados o bombeiro forestal accidentado no mesmo lume, así como os cinco feridos no incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros (Lugo). Todos eles evolucionan favorablemente, aínda que o seu prognóstico segue sendo grave.

Fontes sanitarias sinalaron que o primeiro deles, de 18 anos, presenta queimaduras de terceiro grao e afectación no 40 % do corpo, mentres os outros cinco teñen queimaduras de segundo grao.

En concreto, un de 24 anos ten afectado o 25 % do corpo e resultou intoxicado por inhalación de fume; outro dos profesionais, de 25 anos, ten o 15 % do corpo queimado; o terceiro destes, 24 anos e feridas nun 10 %. Ademais, outro dos efectivos ten 29 anos e unha afectación do 8 % e, por último, o quinto deles, de 27 anos, ten feridas no 5 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade