Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Couto Mixto celebra a súa singularidade como república independente

O Couto Mixto celebra a súa singularidade como república independente

Coma cada ano por estas datas, os veciños do antiguo Couto Mixto conmemoran hoxe a súa singular historia como república independente entre os reinos de Galicia e Portugal

Durante máis de setecentos anos, ostentaron privilexios como o libre comercio ou a exención de impostos

G24.gal 05/07/2025 15:33

Este sábado é o día do orgullo dos mixtos, os habitantes das tres aldeas da Raia de Ourense con Portugal que ata finais do século XIX foron unha república independente e democrática, onde gobernaba un xuíz, este foi o derradeiro, e tres homes de acordo, un por cada aldea: Santiago, Rubiás e Meaus.

Xosé González Martínez, presidente da asociación de Amigos do Couto Mixto: "Que xente de por aquí, que desgraciadamente queda pouca, teña máis autoestima da que tiña, porque vivían aquí e pensaban que iso era unha lenda que lles contaban os pais".

Na igrexa de Santiago de Rubiás é onde se custodia a arca das tres chaves, a que gardaba os documentos do Couto mixto. Durante máis de sete séculos, os habitantes deste territorio gozaron duns privilexios que non tiñan os seus veciños de Galicia e Portugal.

Xosé Manuel Cid, presidente da Academia do Couto Mixto: "Podían escoller nacionalidade, non ían ao exército, non pagaban impostos, tiñan o camiño Privilexiado cara Tourem polo que podían comercializar con todo tipo de produtos".

Un estatuto comparable hoxe en día ao de Andorra ou o Vall de Aran, en Lleida, convidada e homenaxeada neste acto.

Josep Canut, conseller de Vall de Arán "Nós desde 1313 xa nos xestionamos de xeito distinto, pero tamén tiñamos seis chaves para que abriran todos os consellers á vez e que a documentación estivera gardada para que ninguén cambiara nada".

A aspiración da asociación de amigos do Couto mixto é que se recoñeza oficialmente como territorio histórico.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade