Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontedeume rememora as súas orixes medievais no XV Feirón dos Andrade

Pontedeume rememora as súas orixes medievais no XV Feirón dos Andrade

Os pasarrúas animaron o mercado e as prazas da vila, que estes días recibe miles de visitantes

G24.gal 06/07/2025 14:32 Última actualización 06/07/2025 14:53

Pontedeume regresou aos tempos da poderosa liñaxe dos Andradre e recreou a Revolta Irmadiña no inmellorable escenario das súas rúas empedradas, transitadas estes días por guerreiros, artesáns, orcos e bruxas.

A vila celebra a décimo quinta edición do seu feirón medieval cunha ambiciosa programación que fusiona pasado e presente. Fúndense os aromas no ambiente e entre a xente que curiosea acó e aló mestúranse personaxes que nos devolven a outras épocas.

Durante os tres días de festa, centos de visitantes soben e baixan as costas das rúas empedradas, engalanadas para a ocasión e animadas con pasarrúas, música e postos de artesanía e de alimentación.

Cada praza agocha algunha sorpresa. Hai xogos tradicionais, talleres creativos e atraccións para os máis pequenos. Tamén hai teatro e desfiles, como o que pechará á noite o mercado, na despedida do feirón dos Andrade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade