Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Festa do Polbo de Palmeira reparte 4.000 racións durante a fin de semana

A Festa do Polbo de Palmeira reparte 4.000 racións durante a fin de semana

Os polbeiros contan con servir unha tonelada de polbo 

Aumenta a xente que vai buscar o polbo á festa para comelo en familia na casa

G24.gal 24/08/2025 14:37

Moi preto do porto de Ribeira, onde máis polbo chega á lonxa, celebran esta fin de semana a súa festa deste cefalópodo. É a edición número 11 e aínda que durante todo o verán se puido degustar esta fin de semana é o prato principal de moitas mesas. Ademais da tradición de ir comelo á carpa da festa cada vez hai máis xente que o vai buscar para a casa. 

Dan as 12 e media e os que almorzaron cedo xa teñen apetito para probar o polbo. Veñen no segundo día da festa, pero aínda quedan moitos nas potas, iso que boa parte da tonelada que se serve durante a fin de semana xa se despachou o sábado. 

"A festa empezou o sábado ao mediodía e houbo moita xente, estivo moi animado e o día prestouse. A xente respondeu moi ben á festa. A ración está a 13 euros, incluímos o pan, e en xeral a xente di que non está caro. Nas zonas de costa normalmente os prezos son altos e aquí que estamos pegados ao mar, a xente agradece prezos populares, non pensados só para o turismo, senón accesibles para todos", asegura a polbeira Carme Veloso.

Os comensais da zona e tamén turistas estaban xa a primeira hora sentados á mesa ou collendo o pedido para levar. En total a previsión é despachar 4.000 racións, ademais de empanada e outros pratos para acompañar. A opinión sobre o polbo é unánime: bo produto, ben cociñado e só queda repetir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade