Cargando resultados...
Sanxenxo acolleu o espectáculo do balonmán praia
G24.gal
06/07/2025 14:30
Acaba de rematar o Arena 1000 de Sanxenxo, a única proba en Galicia do Arena Handaball Tour, a máxima categoría do circuíto de balonmán praia. A praia de Silgar acolleu a máis de 150 equipos e 2.000 deportistas dende infantís ata senior. Nas categorías absolutas dominaron os equipos andaluces, coas vitorias do Ciudad de Málaga tanto en mulleres como homes. Os asistentes a Silgar puideron ver un deporte atraínte, moi diferente ao balonmán tradicional.
Falamos con Marcos Outeda, árbitro internacional de balonmán praia, e Xisela Aranda, directora de deportes da Deputración de Pontevedra, que nos falaron deste deporte.