O Celta comeza este martes a pretemporada na Televisión de Galicia
Aínda parece que foi onte cando o celtismo festexaba en praza América a volta a Europa...
Cando resulta que xa os temos de volta. Coas probas médicas e os primeiros oito días de traballo. Coa chegada de Radu e de Jutglá e a continuidade de Iláix, de Marcos e de Carreira. Cun ollo posto, na porta de entrada, a que peta con forza Juan Cruz, o extremo do Leganés. E con tráfico abundante na de saída. O último en marchar, Carles Pérez.
E co club dando pulo ao proxecto Celta360. Crucial para o futuro...
Pero cheo de incógnitas para o celtismo no presente. Que vai ter iso do 360? E este luns volta ao céspede coa vista posta no primeiro amigable, este martes, ás seis fronte o Famalicão. O primeiro dos catro amigables deste mes e que, como todos, poderán seguir en directo na Televisión de Galicia.
A TVG retransmitirá toda a pretemporada da volta do Celta a Europa
Este é o calendario de partidos confirmados:
1.- Primeiro alento do novo ciclo, na casa celeste:
Martes 15 de xullo, 18.00h (hora peninsular)
Celta – Famalicão, en Afouteza (Porta pechada) Primeiro alento do novo ciclo, na casa celeste.
2.- O debut internacional fronte a unha potencia lusa
Sábado 19 de xullo, 20.00h (hora portuguesa)
Sporting de Braga – Celta, en Braga (Portugal)
3.-A engrenaxe celeste de novo na casa.
Martes 22 de xullo, 12.00h (hora peninsular)
Celta – CD Nacional Madeira, en Afouteza (Porta pechada)
A engrenaxe celeste afínase no silencio.
4.- Choque de tradicións no corazón de Europa.
Sábado 26 de xullo, 15.30h (hora alemá)
VfB Stuttgart – Celta, en Reutlingen (Alemaña)
5.-Choque de precisión contra a maquinaria suíza.
Martes 29 de xullo, 16.00h (hora suíza)
Grasshopper – Celta, en Zúric (Suíza)
6.-A última proba contra o fútbol luso.
Venres 1 de agosto, 20.00h (hora portuguesa)
Vitória Guimarães – Celta, en Guimarães (Portugal)
7.- O epílogo da xesta preparatoria, en territorio Premier.
Sábado 9 de agosto, 15.00h (hora británica)
Wolverhampton Wanderers – Celta, en Birmingham (Reino Unido)
A Galega reitera así o seu compromiso inquebrantable co fútbol galego e co Celta na súa volta a Europa, garantindo unha cobertura íntegra, próxima e vibrante da pretempada máis ilusionante dos últimos tempos.
A través da TVG, e de Agalega.gal, a audiencia poderá vivir cada encontro coa máxima calidade de imaxe e son e coas mellores narracións na nosa lingua.