O Portamérica pecha con éxito de público tres xornadas de concertos para todos os públicos
Melendi, Viva Suecia, Duncan Dhu e Sidonie son algúns dos artistas da xornada do sábado
Despois de dous días de concertos, o festival Portamérica vive a súa última xornada con numeroso público chegado de toda Galicia
"Parécenos un festival que reúne moitas cousas, moi rural, moi familiar, e o tipo de música abarca todos os públicos". di unha asistente
No cartel do sábado destacan, entre outras, as actuacións de Viva Suecia, Sidonie, Duncan Dhu ou Melendi
"Os grupos que hai son moi interesantes, con Melendi, que nunca vimos en directo"
Unha das cousas que diferencia o Portamérica é que mistura a música coa gastronomía, cun cartel de chefs que se encarga de seleccionar o cociñeiro Pepe Solla
"Esta ben, é divertido: a zona das comidas, os xogos.
"A gastronomía, a música...é moi familiar"
Son as últimas horas dun festival, o Portamérica, xa consolidado, que fixo con esta a súa decimoterceira edición