Publicador de contidos

Publicador de contidos

Setecentas persoas reúnense no Carballiño para visibilizar a discapacidade intelectual

Setecentas persoas reúnense no Carballiño para visibilizar a discapacidade intelectual

A convivencia anual de Special Olympics suma xa 27 edicións

G24.gal 06/07/2025 20:34

A sesión de baile púxolle o broche final a unha xornada de actividades ao fresco do parque municipal do Carballiño, onde arrincou este evento hai xa 27 anos. 

"Hoxe é un día moi bonito, cun ambiente moi bonito". "Agora mesmo, cos meus irmáns estou feliz e cos meus compañeiros". "É un día de celebración, de convivencia entre os compañeiros dos centros, de traballadores, familias, usuarios...", comentan.

Preto de setecentos participantes, incluídos familiares e voluntarios, déronse cita nesta xornada que tamén ten unha compoñente reivindicativa. Demandan das administracións unha maior sensibilidade e recursos para as persoas con discapacidade intelectual e os seus coidadores.

"Que se habiliten partidas para a reparación e mantemento dos nosos centros, que algúns levan máis de cincuenta anos e hai que reparalos", exemplifica Eladio Fernández Pérez, presidente de Special Olympics.

Porque unha cousa, din, son estas xornadas especiais de festa e diversión e outra o día a día.

"Esta xente precisa máis axuda. Por exemplo, o meu irmán, cando falte eu, non ten ninguén. Ese centro é o que o vai coidar", lamenta un familiar.

O colectivo Fademga, Plena Inclusión, integra 42 entidades das catro provincias que representan máis de dez mil galegos con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade