Cargando resultados...
Trasladada unha persoa tras arder parte da súa cociña en Culleredo
As lapas queimaron unha campá extractora e un moble

G24.gal
06/07/2025 19:49
Unha persoa tivo que se trasladada a un centro sanitario con queimaduras e intoxicación por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio na cociña da súa vivenda, no concello de Culleredo.
Segundo informa o 112, varios particulares alertaron do lume e os bombeiros de Arteixo lograron sufocalo. As lapas queimaron unha campá extractora e un moble.
No operativo despregado, na rúa Celso Emilio Ferreiro, tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Culleredo.