Cargando resultados...
Incendio nunha vivenda unifamiliar en Vilagarcía de Arousa
O lume colapsou a cuberta e a planta de entrevivendas, pero non causou feridos

G24.gal
01/09/2025 16:47
En Vilagarcía de Arousa, un incendio afectou este luns unha vivenda unifamiliar situada na rúa Escardia, en Area Longa (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, non houbo danos persoais. Os bombeiros, que continúan no punto, confirmaron que o lume está controlado e investigan como posible orixe unha estufa.
A consecuencia do incendio colapsaron a cuberta e a planta de entrevivendas. No operativo participan a Policía Nacional, a Policía Local, os Bombeiros de Vilagarcía, Protección Civil e o 061, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.