Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Almoite levan seis meses sen poder utilizar a súa igrexa

Os veciños de Almoite levan seis meses sen poder utilizar a súa igrexa

As misas dos domingos estanas facendo no Forno de Almoite

Igrexa do concello de Baños de Molgas Igrexa do concello de Baños de Molgas
G24.gal 01/09/2025 17:34

Na parroquia de Almoite, en Baños de Molgas, os seus veciños e veciñas levan seis meses sen poder utilizar a súa igrexa parroquial.

Cren que o vento e un niño de cegoñas situado no alto do templo propiciaron a caída do campanario sobre a cuberta, deixando parte do edificio inservible.

A caída do campanario o pasado 19 de marzo sobre a cuberta do templo deixouna inservible. Foi nun día de gran temporal. Xustamente no alto, as cegoñas fixeron un niño que, segundo os veciños e veciñas, puido danar a estrutura.

Levan seis meses sen igrexa e para esta parroquia, pertencente ao concello de Baños de Molgas, é un grande inconveniente. As misas dos domingos estanas facendo no Forno de Almoite. Os funerais fanse no concello de Molgas ou no propio velorio.

Agora toca remodelar o tellado e a tribuna que tamén cedeu. O que suporá varios meses de obras.

Ese é o medo destes veciños e veciñas. A igrexa, que conta con seguro, xa enviou o proxecto de reconstrución a Patrimonio, que debe aprobar as obras. Pero de momento non recibiron resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade