Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mulattieri revitaliza o Deportivo cun gol e un penalti forzado nos últimos minutos (2-2)

Mulattieri revitaliza o Deportivo cun gol e un penalti forzado nos últimos minutos (2-2)

A estrea do italiano resultou inmellorable e permitiulle ao Dépor rabuñar un punto nun partido que tiña perdido

O Leganés foi gañando desde os quince segundos do partido ata o minuto 87

G24.gal 01/09/2025 20:59 Última actualización 01/09/2025 23:32

Minuto a minuto

Último partido da xornada 3 na Segunda División co Deportivo buscando a segunda vitoria da temporada a domicilio no campo dun recén descendido, un Leganés que empatou nos primeiros dous partidos

Xa temos as dúas aliñacións

1

1-0 Comeza o partido con gol en Butarque!!!! Marca Miguel de la Fuente aos quince segundos de partido. Nefasto inicio do Deportivo

3

Tivo que ser atendido por un golpe na xogada do gol Germán Parreño pero xa se reanuda o partido

9

Acción a balón parado do Leganés que acaba con remate de Miguel de la Fuente. O Dépor aínda non entrou no partido

13

Pase en profundidade cara Yeremay que remata alto. Zakaria estaba en mellor posición e pedía o centro

17

Yeremaaaay!!!! Recibe de Zakaria e atopa a intervención do porteiro local. Escudero saca o córner que se vai pechando e ten que sacar con dificultade Soriano

19

Volve aparecer Soriano diante de Villares. Decisivo o porteiro do Leganés nos últimos dez minutos

22

Proba sorte Loureiro desde fóra da área, marcha desviado

26

O local Millán remata desviado un centro desde a esquerda

31

Remate de Loureiro á saída dun córner que marcha alto. Outra achega ofensiva do defensa cercedense

33

2-0 GOOOL do Leganés. Córner para o equipo madrileño que acaba rematando á rede Duk cun remate cruzado. O Deportivo perdoou e ten o partido moi complicado

38

Outro bo tiro de Duk desde fóra da área que para Parreño con dificultade

45

Miguel de la Fuente fai intervir a Parreño. O Deportivo quedou moi tocado despois do segundo gol

45 +3

Tempo de lecer en Butarque

46

Stoichkov, Mulattieri e Ximo Navarro ao campo. Saen Arnau Comas, Gragera e Zakaria. Cambia o xeito de xogar o Deportivo

47

Empeza atacando o Leganés. Disparo de Naim que chapa Parreño

51

Escudero, de falta, obriga a sacar con dificultade ao porteiro do Leganés

58

Yeremay controla na área pero remata frouxo ás mans de Soriano

67

Pase en profundidade cara Naim que lanza ao exterior da rede. Gasta os trocos o Deportivo coa entrada de Luismi e Patiño

72

2-1 GOOOOOOL DE MULATTIERI. Centra Mella desde a esquerda e estrease o italiano cun gol

79

Acción individual de Juan Cruz que culmina cun lanzamento moi alto

83

Remate en boa posición pero desviado e moi defectuoso de Stoichkov

85

2-2 GOOOOOOL DE YEREMAY. Marvel agarra a Mulattieri e o colexiado asubía penalti. O canario non perdoa

90

Puido marcar Juan Cruz para o Leganés ... e Yeremay na contra para o Deportivo

96

Final do partido. O Deportivo saca un punto nun partido que tiña moi costa arriba no minuto 72

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar