Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños e visitantes implícanse no Mercado Renacentista de Viveiro

Veciños e visitantes implícanse no Mercado Renacentista de Viveiro

Acoden ataviados con traxes de época para gozar dunha cita que conmemora o legado do rei Carlos V na vila mariñá

G24.gal 05/07/2025 21:00

En calquera recuncho de Viveiro respírase ambiente de festa. A vila mariñá acolle durante toda a fin de semana unha nova edición do mercado renacentista. Comenta unha viveirense que "é unha celebración na que participa todo o pobo".

O día invita a gozar na rúa en compañía de amigos e familia. Outro asistente manifesta que "vimos para pasalo ben"

Parte do éxito da festa recae na implicación dos asistentes, que acoden ataviados con traxes de época. Indica unha moza que "se poden alugar ou mercar e é un orgullo poder participar nesta festa". Outro dos participantes no mercado renacentista expresa que "Viveiro préstase para esta festa na que se pasa moi ben".

Diversión non falta porque o programa inclúe actividades para todas as idades, desde acrobacias a espectáculos de fume, sen esquecer o mercado no que se exhiben mercadorías de todo tipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos