Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antigos internos do orfanato do mar de Panxón lembran o seu paso polo centro

Antigos internos do orfanato do mar de Panxón lembran o seu paso polo centro

O orfanato Virxe do Mar de Panxón creouse en 1948 para acoller rapaces orfos que perderan o seu pai no mar

Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada

 Antigos internos celebran unha xuntanza anual desde hai 44 anos

G24.gal 06/07/2025 14:40

Son antigos alumnos do orfanato Virxe do mar de Panxón. Desde 1948 pasaron por este hospicio centos de fillos de mariñeiros falecidos. Todos procedían de familias sen recursos, que non tiñan maneira de mantelos nin de darlles unha educación

"No ano 50, na entrada de Pasaxes, afundeu o baco e morreron catroce, entre eles o meu pai. Entón a miña nai atopouse con catro fillos e enterouse de que había un orfanato do mar e mandoume -non tiña aínda 10 anos- e alí estiven ata case os 17, explica Rafael Souto, exalumno do orfanato Virxe do Mar de Panxón.

"Entrei con 5 anos, no ano 53. Non había a onde ir, non había medios, nin subvencións, e as mulleres viúvas tiñan pensións ridículas. Tiveron que traballar no campo, facer de pais e nais, e saímos todos adiante", comenta o exalumno Luis Iglesias.

Manuel Galván, de 88 anos, foi un dos primeiros alumnos acollidos no orfanato de Panxón.

"No ano 48, botei seis anos alí, no ano 48, cando se pasaba fame", di Manuel Galván, exalumno do orfanato.

El foi o promotor deste monumento que lembra en Rianxo os mariñeiros falecidos no mar.

"Meu pai morreu aquí, na ría da Arousa. Foi para salvar un compañeiro e morreu el tamén, porque daquela non había salvavidas nin chalecos, daquela non había nada", explica Manuel Galván.

"Hai que esquecerse dos seguros, dos riscos laborais, hai que olvidarse de tal, aquelo era...fulano, estamos mirando que hai xouba, imos ao mar", explica Luis Iglesias, exalumno do orfanato Virxe do Mar de Panxón 

Desde hai 44 anos, os exalumnos do orfanato organizan unha xuntanza para celebrar a súa amizade e lembrar xuntos aquela experiencia que marcou as súas vidas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade