Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan dous mariñeiros tras envorcar a súa planadora na Guarda

Rescatan dous mariñeiros tras envorcar a súa planadora na Guarda

Unha embarcación que estaba na zona sacounos do mar e levounos ata o porto

G24.gal 05/04/2026 14:41 Última actualización 05/04/2026 15:08

Unha embarcación rescatou dous mariñeiros que caeran ao mar tras envorcar a súa planadora a 500 metros da costa, na zona de Ribel, no concello da Guarda.

Varias chamadas particulares alertaron o 112 sobre as 10:00 horas e ata o lugar desprazáronse varios medios, incluído o helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas.

Porén, un barco que se atopaba na zona sacounos do mar e levounos ata o porto, onde agardaba unha ambulancia para atendelos.

Ambos os dous estaban aparentemente en bo estado pero foron trasladados ao centro de saúde para facerlles unha revisión a fondo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade