Aberto o público o xacemento arqueolóxico e o Mosteiro de Oia, que será un hotel de cinco estrelas
O Real Mosteiro de Oia está xa aberto ao público. Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto pode ser visitado en grupo coa tutela dun guía turístico para descubrir os segredos e a historia deste lugar milenario que no futuro será un hotel de cinco estrelas.
De mércores a domingo, o martes é de balde, os turistas de verán, que en Galicia son maiormente de fóra, poderán acceder en visita guiada aos traballos arqueolóxicos previos a esa gran obra de restauración que vai traer aquí un hotel. Este mosteiro do século XII foi mercado ao Banco Pastor pola empresa viguesa Mare, que antes era Vaco gallega, no ano 2004.
Durante estos 21 anos houbo, e segue habendo, unha investigación arqueolóxica a cargo da Fundación Bretal. Os que visiten o mosteiro este verán, como un grupo ao que acompañamos hai un anaco, ademáis de coñecer a historia desde 1149, os cistercienses, os xesuítas, o campo de concentración para republicanos en 1939, ademáis de todo iso poden ver as excavacións en marcha e aprender os datos recentes e inéditos.
Aquí veñen de atopar enterramentos, ou un emborrilado, un tipo de chan artístico moi valorado nunha das entradas do século XVI.
Esta primeira fin de semana de xullo o primeiro grupo das catro quendas do día énchese. María Chamadoira, a guía turística da Fundación Bretal, é a cicerone encargada de marcar o paso. Entre 1149 e 2024, cando o grupo vigués Mare merou o Real Mosteiro, por 2.400.00 euros, cabe moita historia e 49 catas arqueolóxicas que deron como froito un novo saber.
"Hai tumbas en varios sitios do Mosteiro, unha necrópole, atoparon moedas, brazaletes de diferentes épocas que amosan unha histroia detrás, moi profusa, as bóvedas que son impresionantes, o emborrillado que se atopou aquí na entrada , un chan impresionante. No que é o Mosteiro tamén hai que ter en conta o que é a relacion que tivo a xente de Oia co Mosteiro durante os últimos 150 anos e incluso antes", conta a TVG María Chamadoira, unha das guías turísticas da Fundación Bretal.
En principio as obras de restauración comezarán a fins de ano. O Real Mosteiro, esta ruína consolidada, será un hotel de cinco estrelas cunha inversións duns 25 millóns de euros.