Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rompetiño Jump, o festival de cultura urbana do Porto do Son

Rompetiño Jump, o festival de cultura urbana do Porto do Son

Case 5.000 entradas vendidas para a zona de concertos que estaba completa

Campionatos de Breakdance, BMX, baloncesto 3x3 e skate, unha mostra dos deportes urbanos

G24.gal 05/07/2025 21:26

O Rompetiño Jump do Porto do Son reúne esta fin de semana os seguidores da cultura urbana cunha ampla programación musical e deportiva. Competicións de breakdance ou BMX comparten seguidores coa zona musical que esta tarde abriu coa actuación de Tarchi.

Un festival de cultura urbana nunha vila que non chega aos 10.000 habitantes. É unha das particularidades do Rompetiño Jump que vai xa pola súa novena edición.

"Somos seguramente o festival máis novo de Galicia. A media de idade na parte musical é de 20 anos, máis ou menos. Esta é a edición que máis público temos. Vendemos todas as entradas na zona musical e na zona deportiva temos moita participación e moito nivel nas probas de baloncesto 3x3, no BMX, no skate e no campionato galego de breakdance", asegura Francisco Alvite, codirector do festival

Unha boa mostra dese nivel é Mini Ali, ourensá, de 14 anos, gañou tres campionatos de España sub 18 e ocupa o sexto posto no ranking mundial Júnior II.

"É complicado porque ao final cando chegas non sabes a música, onde vas bailar, pero pouco a pouco vaste afacendo. Ao final as rapazas teñen menos oportunidades porque non hai categoría de Bgirls e estaría ben que a fixesen. Eu adáptome, hoxe estou competindo cos nenos e deféndome", explica Mini Ali

Tamén se defende Juan Meneses, chegado desde Palencia, enriba dunha bicicleta.

"É verdade que nos últimos anos está empezando a haber máis riders novos como Javi, o rapaz que está competindo hoxe, e con moito nivel. Son moitas caídas as que levamos e seguimos caendo pero sempre con ilusión e gañas de seguir aprendendo"

Desde as seis e media o protagonismo gáñao a música urbana. Hip hop ou trap, como o de Tarchi, convocaron ao pé do escenario case 5.000 persoas, coas entradas esgotadas desde hai tempo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade