Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oliver Laxe leva o espírito de 'Sirat' á praza da Quintana cun concerto visual

Oliver Laxe leva o espírito de 'Sirat' á praza da Quintana cun concerto visual

O director e mais o responsable da banda sonora, Kanding Ray, ofrecen un espectáculo en directo con música e imaxes que quedaron fóra da montaxe final do filme

G24.gal 04/07/2025 21:36 Última actualización 04/07/2025 21:53

O tamaño desta experiencia ven xa insinuado polo tamaño da pantalla. E Oliver Laxe pensa que a repetirán en distintos festivais do mundo. Neste caso desenvolve o experimento en Compostela da man do festival Curtocircuíto. 

E a cita non defraudou. O festival Curtocircuito encheu a praza da Quintana do universo techono de Sirat. Kangding Ray, o compositor da banda sonora da película, picou a súa música en directo mentres o director proxectou imaxes, escenas que quedaron fóra da montaxe final. Foron moitos os que gozaron deste concerto visual. 

Kanding Ray, responsable da banda sonora de 'Sirat', pica en directo durante hora e media música que quedou fóra da montaxe final, mentres o director do filme vai escollendo e proxectando distintas escenas tampouco incluídas na metraxe.

Durante a proba de son vemos o músico poñerse na pel do espectador, colocándose diante da pantalla, e logo volver correndo á mesa para axustar. Todo para que o​ espírito desta película que non deixa indiferente voe sobre praza da Quintana.

Antes do coloquio previo ao espectáculo, falamos del con Oliver Laxe e preguntámoslle se a seguinte experiencia será recoller un Oscar.

Apenas un mes despois da súa estrea, Sirat suma máis de 265.000 espectadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade