Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eclipses no cinema para anticiparse á real

Eclipses no cinema para anticiparse á real

Os filmes retratan as eclipses como presaxios, castigos ou sinais de salvación

A primeira filmación dunha eclipse fíxoa Nevil Maskelyne en 1900

G24.gal 08/08/2026 14:32

Outro xeito de achegarse estes días ao mundo das eclipses, como presaxios, como castigo dos deuses ou como sinal de salvación é o cinema. A aliñación do Sol, a Lúa e a Terra foi capturada por unha cámara cinematográfica por primeira vez hai pouco máis de 126 anos.

Foi un inventor e ilusionista británico, John Nevil Maskelyne, o que primeiro filmou este fenómeno astronómico en Carolina do Norte. Desde entón o sol, a lúa e a terra aliñáronse no cine con diferentes finalidades narrativas.

En febreiro de 1961 unha eclipse real serviu de escenario para gravar a Crucifixión en Barrabás, de Richard Fleischer. E en 1968 o fenómeno anticipaba un cambio trascendental na humanidade. Chegaba a era da intelixencia. Era 2001: Unha odisea do espazo, de Stanley Kubrick.

A eclipse abría as portas ao inferno en Hellboy, de Guillermo del Toro e En Apocalypto, de Mel Gibson, o seu protagonista conseguía a salvación grazas a ela cando ía ser decapitado.

Só un día sen noite e unha noite sen día puido romper a maldición dos protagonistas de Lady Falcón​​​​​ para podérense ver, de Richard Donner. E en Eclipse total, a adaptación da novela de Stephen King dirixida por Taylor Hackford, a escuridade esclarece a verdade e a xustiza contra os abusos sexuais. 

Son só algúns dos filmes cos que anticiparnos ao que chegará en só catro días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade