Cargando resultados...
Maná, protagonista no inicio do Gozo Festival
O festival contará este domingo coa presenza de David Guetta

G24.gal
05/07/2025 20:56
Despois do Son do Camiño, o festival con máis tirón de Santiago de Compostela é o Gozo Festival. Dous días de concertos con estrelas do panorama nacional e internacional. O plato forte desta xornada do sábado é a banda mexicana Maná. Un grupo que leva anos levantando paixóns.
Pero antes os festivaleiros xa puideron gozar da música de Pablo Lesuit, da irlandesa Imelda May e a banda hard rock The Darkness.
E os concertos continúan o domingo: a música electrónica chega cun dos dj máis recoñecidos do mundo David Guetta, o francés leva vendidos máis de 45 millons de discos.