Maroon 5 actuará en Santiago o próximo 11 de xullo no Gozo Fest
O cartel da cuarta edición do festival encabézao a exitosa banda Maroon 5,seguido do DJ Martin Gárrix, Danny Ocean, Rita Ora e a galega Miriam Rodríguez
As entradas para o festival de música saen á venta o 16 de decembro ás 10 horas
A banda estadounidense Maroon 5 actuará o próximo 11 de xullo no marco do Gozo Festival, que regresa un ano máis cun cartel variado que completan o DJ Martin Garrix, e os artistas Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez. As entradas estarán á venda o vindeiro venres 19 de decembro ás 10 horas en Livenation.es, Ticketmaster, o Corte Inglés e Ataquilla, informa a produtora Sweet Nocturna nun comunicado.
— GALICIAenCONCIERTO (@gal_concierto) December 12, 2025
O Gozo Festival, co apoio de Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, naceu en 2023 e consolidouse coa súa cuarta edición, reunindo cada ano ao redor duns 50.000 asistentes.
En 2025 pasaron polo festival bandas como Franz Ferdinand ou Maná e artistas como Anastacia, Alanis Morissette, David Guetta, Lenny Kravitz ou Lionel Richie, entre outros. Na edición de 2026 o cabeza de cartel será Maroon 5, unha das bandas de pop-rock máis exitosas, gañadora de ata nove premios Grammy e con máis de 100 millóns de álbums vendidos. A banda liderada por Adam Levine lanzou ata oito álbums, con éxitos como 'This Love', 'Moves like Jagger', 'Sugar' ou 'One more night' e colaborou con artistas da talla de Christina Aguilera, Cardi B ou Stevie Nicks.
O cartel complétano Martin Garrix, un dos DJ e produtores máis coñecidos que colaborou con U2 Ed Sheeran, Dua Lipa ou The Weeknd; o cantante latino Danny Ocean, artífice de éxitos como 'Me Rehúso'; a artista británica Rita Ora, que con sinxelos pop como 'R.I.P.' ou 'I Will Never Let You Down' conquistou a medio mundo; e Miriam Rodríguez, ex concursante de Operación Triunfo de orixe galega que lanzou en 2024 o seu último álbum, 'Líneas rojas".