Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trinta adegas participan no festival do viño da Ribeira Sacra

Trinta adegas participan no festival do viño da Ribeira Sacra

Celebrado en Monforte, o evento é unha porta de entrada a este territorio, que destaca pola calidade dos viños e a riqueza natural que atesora

G24.gal 06/07/2025 21:23

Os viños con denominación de orixe Ribeira Sacra levan toda a fin de semana de celebración. É a sétima edición do festival dedicado a estes caldos que se celebra en Monforte: unha cita para descubrir unha das terras vitivinícolas máis singulares de Europa.

No evento celebrado no Paseo do Malecón, que contou co pregón de José Luis Iravedra, houbo ademais unha variada proposta gastronómica, con quince postos.

O recinto recibiu a numerosos visitantes durante estes tres días, que non quixeron perder detalle da última feira da temporada nesta denominación de orixe Ribeira Sacra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade