Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridos dous traballadores que caeron dun tellado en Mazaricos; un deles, evacuado en helicóptero

Feridos dous traballadores que caeron dun tellado en Mazaricos; un deles, evacuado en helicóptero

Non podía mover as pernas, mentres que o compañeiro puido ser trasladado en ambulancia por posible luxación

G24.gal 07/10/2025 21:40

Dous traballadores caeron dun tellado no municipio de Mazaricos (A Coruña) na tarde deste martes. Un deles tivo que ser evacuado en helicóptero porque non podía mover as pernas, mentres que o compañeiro puido ser trasladado en ambulancia por posible luxación, igualmente nas extremidades inferiores.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os dous operarios caeron dun tellado cando cortaban unhas chapas. Estaban a unha altura aproximada de cinco metros, tal e como explicaron os profesionais do 061, que deron a voz de alerta ás 17,30 horas desta tarde.

Para a atención dos feridos, foron enviadas varias dotacións, unha delas a bordo do helicóptero para a evacuación dun dos traballadores que, aínda que tiña sensibilidade, non podía mover as pernas.

O accidente produciuse no lugar de Ponte Oliveira, en Mazaricos, e alí acudiron os medios e recursos de emerxencias, que máis aló dos sanitarios, implicaron aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Muros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade