Contido con Xeográficas .
Galicia

Jéssica Bouzas estréase por primeira vez no top 50 mundial
14/07/2025 16:16
O día 24 do próximo mes xogará o Us Open, o seu cuarto Grand Slam da tempada

Suspenden o desafiuzamento dunha inquilina morosa na Coruña polo atraso de 5 minutos do cerralleiro
14/07/2025 15:55
A xestora xudicial aprazou o desaloxo porque o cerralleiro non estaba
O xulgado ten previsto proceder ao desafiuzamento esta semana
A dona do piso leva 5 anos sen cobrar o alugueiro

O novo proxecto do Pontevedra comeza o seu camiño na primeira federaciín
14/07/2025 15:47
O conxunto granate, con Rubén Domínguez á fronte, comezou a pretemporada con 21 xogadores e un plantel aínda por completarse

Volve ao mercado a zamburiña de Ferrol
14/07/2025 15:46
Empezou a campaña tras un ano de paro biolóxico alongado pola presenza da toxina

O Dépor Abanca inicia con ambición o seu segundo ano na liga F: "O obxectivo é superarnos
14/07/2025 15:32
Comezan 28 xogadoras, con tres internacionais fóra que xa estarán o mércores

Coruña en pé de guerra contra as pintadas
14/07/2025 14:49
Dende a creación da Oficina Virtual do Graffiti conseguiron reducir a un terzo as pintadas
Destínanse anualmente 150.000 euros para a eliminación de graffitis

14/07/2025 14:47
Varias das vítimas desta rede rexeitaron presentar denuncia, algo que a Garda Civil atribúe a "vergoña ou temor a que os feitos sexan coñecidos pola súa contorna máis próxima"

A Illa de Arousa establece restricións ao tráfico polas festas do Carme
14/07/2025 14:18
Nalgunhas zonas queda prohibido o acceso dos vehículos desde o día 16 e, noutras, non se poderá estacionar
Recomendan o uso do aparcadoiro público situado ao carón do instituto

Os miradoiros da costa galega, reclamo turístico no verán
14/07/2025 14:17
Ao longo da costa galega atópanse unha chea de miradoiros que permiten gozar das mellores vistas ao mar
No verán vense cheos de xente para observar a paisaxe, facer fotos ou ver a posta de sol

14/07/2025 13:33
A Garda Civil intensifica esta semana en todas as estradas e a calquera hora os controis de alcoholemia e de drogas

A familia da octoxenaria desaparecida en Lugo pide que se revisen as gravacións das cámaras
14/07/2025 13:32
Tanto a familia como as persoas achegadas seguen a buscar a Isaura Vázquez por toda a cidade

Luismi Cruz di que o Dépor é "o sitio ideal" para seguir crecendo como futbolista
14/07/2025 13:31
Confesa que o que máis me atraeu do conxunto branquiazul é “a ambición” que lle transmitiron “por facer as cousas ben”

Traballadores de Alcoa encadéanse en Lugo para esixir unha reunión co delegado do Goberno
14/07/2025 13:27
Piden unha solución ao problema do aluminio na Mariña
A Subdelegación comprométese a falar con Pedro Blanco e fixar unha data próxima
Alcoa reanuda o proceso de rearranque da planta de San Cibrao que non estará completo ata 2026

Interceptan máis de 280 quilos de lagostinos sen documentación nunha furgoneta na Coruña
14/07/2025 12:58
O vehículo transportaba 429 quilos cando só tiña documentados 148
O valor total ascendía a máis de 12.000 euros

A brasileira Isabela Rodrigues pecha a portería do Porriño
14/07/2025 12:37
Chega ao equipo dirixido por Isma Martínez para suplir a baixa da arxentina Fátima Ayelén e compartirá posición con Ana Palomino

Gabriel Marcelli logra a primeira vitoria da súa carreira no Mundial
14/07/2025 11:47
O piloto de trial do Rosal superou ao seu compañeiro de equipo e gran dominador da disciplina, Toni Bou

Detido o quinto integrante dunha organización criminal do sur de Pontevedra
14/07/2025 10:10
O detido, un mozo de 21 anos, atopábase escondido nun inmoble de Ourense
Formaba parte dunha organización criminal que cometía asaltos con violencia no sur de Pontevedra

A princesa Leonor, Medalla de Galicia: "A Galicia quero volver sempre, aquí está o meu fogar"
14/07/2025 09:33
"Galicia é terra de acollida", asegurou a princesa, "recibiume cos brazos abertos e, case sen decatarme, pasou a formar parte de min"
Alfonso Rueda: "É para nós e para a gran maioría dos galegos un privilexio e un acontecemento excepcional contar coa súa presenza en Galicia"
A herdeira da Coroa foi nomeada Filla Adoptiva de Marín

A praia fluvial da Calzada segue a ser a única en Galicia con bandeira azul
13/07/2025 21:19
Situada no río Verdugo, pertence a Ponte Caldelas e as súas augas analízanse cada quince días

Unhas 400 persoas fan a ruta xacobea que conmemora a Traslatio do Apóstolo
13/07/2025 21:06
Os barcos que participaron na ruta partiron de Cabo de Cruz, en Boiro, e remontaron o Ulla ata Pontecesures e Padrón
A Fundación Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Ulla celebrou a primeira pereginación marítima hai 60 anos

Multas de ata 30.000 euros na Coruña por non recoller os excrementos dos cans
13/07/2025 21:01
Os propietarios tamén estar obrigados a diluír con auga os ouriños dos animais

Corenta e cinco artistas participan no certame de pintura rápida de Lugo
13/07/2025 20:49
Durante todo o día os autores traballaron na súa obra pictórica, logo de escoller o seu recuncho favorito
O concurso, que se celebra desde hai 25 anos, reparte premios por valor de 5.100 euros

Os descontos estatais para a mocidade permiten facer o Interraíl á metade de prezo
13/07/2025 19:54
Percorrer Europa en tren é unha das opcións da mocidade galega para celebrar a maioría de idade e o remate do bacharelato
O programa europeo Discover EU seleccionou 3.500 mozos españois que viaxarán de balde

Rescatan unha egua que se botou ao mar en Praia América
13/07/2025 19:31
O animal nadou case unha hora ata que lograron sacalo da auga
Quedou a cargo dun refuxio de animais de Nigrán, á espera de que apareza o dono

Jorge, Javier e Joseba honran as súas mulleres falecidas para visibilizar o sarcoma
13/07/2025 15:46
Fixeron unha andaina cara ao Obradoiro, organizada pola fundación CRIS contra o cancro
Pódese colaborar economicamente na investigación do sarcoma en criscancer.org
Conmemórase o día internacional contra o sarcoma co foco posto na investigación

Brión entrégase ao feitizo das musas no "Encontro coa arte" na honra de Xosé Vizoso
13/07/2025 15:34
O afamado ilustrador, deseñador e ceramista tivo unha complicidade especial coa vila brionesa
A exposición dedicada ao ilustre artista estará aberta ata o mes de setembro

AGAELA, medalla Castelao 2025, celebra unha década de "Móvete pola ELA"
13/07/2025 15:10
O evento, que inclúe unha andaina, unha carreira e unha proba de natación solidaria, celebrouse en Cangas
O obxectivo é recadar fondos para o coidado das persoas coa doenza e para a súa investigación

Conmemórase o día internacional contra o sarcoma co foco posto na investigación
13/07/2025 14:58
É un tipo de cancro pouco frecuente, caracterizado por un tumor maligno que se localiza nos ósos e tecidos brandos do organismo
En toda España diagnostícanse uns 2.500 casos ao ano

Participantes en carreiras populares animan a facer deporte para mellorar a saúde
13/07/2025 14:53
A Pastoriza acolleu este domingo unha competición popular, enmarcada no circuíto de carreiras da Terra Chá

Mel, marmeladas e porco celta, na feira do cooperativismo de Boborás
13/07/2025 14:41
Emprendedores das comarcas do Ribeiro e O Carballiño danse cita en Boborás para promocionar os seus produtos
Pretende promover este modelo empresarial para fomentar o emprego e a actividade económica no rural

Catro muralistas deixan a súa pegada en Rianxo grazas ao festival Viladomar
13/07/2025 14:25
Yoseba MP, Pelucas Bubbles, Lúa Gándara e Xoana Almar interviñeron en tres espazos da vila
O certame de arte urbana, que xa promoveu vinte murais, cumpriu a súa sexta edición

Un condutor ebrio atropela o alcalde de Sanxenxo nun aparcadoiro do municipio
13/07/2025 13:43
Como consecuencia do impacto, Telmo Martín foi trasladado ao hospital cunha fisura na tibia da perna esquerda
O rexedor acompañaba o inspector xefe da Policía Local durante a rolda de control da movida nocturna

A feira Equina Galicia 2025 reúne en Silleda preto de 200 cabalos
13/07/2025 10:06
Esta cita ecuestre é escenario de competicións de primeiro nivel

Un veciño de Outeiro de Rei de 47 anos falece nun accidente de tráfico no Corgo
13/07/2025 09:58
A condutora do vehículo no que viaxaba, que se foi por fóra da vía e bateu contra un noiro, está ferida grave

Ribadeo enxalza a herdanza indiana do seu pasado emigrante
13/07/2025 09:29
A vila mariñá regresa aos anos vinte para rememorar as achegas dos seus antepasados que emigraron a América

O porto de Vigo celebra a procesión da Virxe do Carme, patroa do mar
12/07/2025 22:19
A autoridade portuaria adiantou a celebración unha semana

Os labregos de Boborás expulsan os franceses na festa histórica de Pazos de Arenteiro
12/07/2025 21:15
Antes de liderar a Reconquista en Vigo, o capitán Bernardo González Cachamuíña librou outras batallas contra os franceses
Conta a historia que en Pazos de Arenteiro expulsou un milleiro de soldados coa forza dos campesiños da zona

O legado de Iara Mantiñán, moi presente no Día Internacional do Sarcoma
12/07/2025 21:05
A xornalista coruñesa, falecida hai unha semana, foi unha das fundadoras de ASARGA
Este domingo celébrase o día internacional da enfermidade que acabou coa súa vida

A Xunta remata en Pontevedra as sendas peonís de Xeve
12/07/2025 20:33
As actuacións de mobilidade sostible e seguridade viaria fixéronse na contorna das estradas autonómicas PO-223 e PO-224
Teñen unha lonxitude de 2,5 quilómetros e un investimento de 2,4 millóns de euros
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destaca a colaboración de Stop Accidentes no deseño da obra

A Xunta prevé recorrer contra a sentenza que obriga a sanear o encoro das Conchas
12/07/2025 20:23
A sentenza do TSXG considera que houbo "vulneración dos dereitos fundamentais" dada a contaminación por nitratos da presa