Conmemórase o día internacional contra o sarcoma co foco posto na investigación
É un tipo de cancro pouco frecuente, caracterizado por un tumor maligno que se localiza nos ósos e tecidos brandos do organismo
En toda España diagnostícanse uns 2.500 casos ao ano
O 13 de xullo conmemórase o día internacional contra o sarcoma. É un tipo de cancro pouco frecuente, caracterizado por un tumor maligno que se localiza nos ósos e tecidos brandos do organismo. En toda España diagnostícanse uns 2.500 casos ao ano.
Para dar a coñecer esta enfermidade, poñer no foco a importancia da investigación e acadar fondos para a investigación contra o sarcoma infantil realizouse unha andaina en Compostela, á que se sumou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
"É un tumor que necesita moita sospeita previa a unha diagnose para facer un manexo completo, os avances en cirurxía, en radioterapia, nos tratamentos médicos son lentos, hai que investigar máis. Esta iniciativa marabillosa está destinada a recadar fondos para un proxecto que hai no hospital La paz de Madrid que desenvolvemento de células CAR-T, terapias avanzadas para sarcomas infantís", dixo o conselleiro de Sanidade.