Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aberto o prazo para solicitar en Galicia as axudas para os enfermos de ELA

Aberto o prazo para solicitar en Galicia as axudas para os enfermos de ELA

A Xunta concede 12.000 euros ao ano a cada familia

Alfonso Rueda lembrou os afectados por esta doenza nas súas redes sociais

G24.gal 07/08/2026 13:23

Este venres ábrese o prazo para solicitar en Galicia as axudas para os enfermos de ELA. Serán 12.000 euros anuais para mellorar a calidade de vida dos afectados pola esclerose lateral amiotrófica.

As familias teñen de prazo para pedilas ata o 3 de novembro. A Xunta inviste máis de dous millóns de euros nestas axudas que son pioneiras en España.

A través das súas redes sociais, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recordou todas as familias afectadas por esta doenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade