Publicador de contidos

Publicador de contidos

O primeiro "asalto", na rúa

O primeiro "asalto", na rúa

A esquerda trata de alentar a folga do 11-M, mirando máis aló da vivenda

En fronte, o PP cuestiona o voto útil para o BNG porque "nacionalistas e socialistas son o mesmo can con distinto colar", di Paula Prado

Fronte Ampla repartiu follas sobre a folga en Baiona
G24.gal 09/11/2026 13:53

A catro días de que arranque oficialmente a campaña, o debate político trasladouse á rúa. A esquerda trata de alentar unha folga que considera clave para o resultado das urnas. O BNG apela directamente á necesidade de mellorar a calidade de vida dos galegos.

Unha prioridade en que tamén coincide a Fronte Ampla. Para eles, hai que mirar máis aló da vivenda.  O PSdeG pon o foco na gratuidade da AP-9, presentándose como a única garantía real de conseguir este obxectivo. 

Fragmentación de propostas que a dereita busca capitalizar. Para o Partido Popular, socialistas e nacionalistas representan exactamente o mesmo. Unha mensaxe de confrontación que os populares tratan de reforzar mobilizando todos os seus activos. O expresidente Mariano Rajoy sumouse á precampaña galega en Ourense, onde arroupou publicamente os candidatos da provincia ao Congreso e ao Senado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade