Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fronte Ampla propón un plan de recuperación dos fondos marisqueiros galegos

Fronte Ampla propón un plan de recuperación dos fondos marisqueiros galegos

O portavoz de campaña en Galicia, paulo Carlos, defendeu desde Noia a necesidade de rexenerar as rías galegas

G24.gal 08/11/2026 17:06

Fronte Ampla propuxo este domingo poñer en marcha un plan de rexeneración das rías con fondos europeos para recuperar a produtividade dos fondos marisqueiros e protexer os ecosistemas mariños.

A proposta foi lanzada polo portavoz de campaña en Galicia, Paulo Carlos López, en Noia (A Coruña), onde a formación celebrou a súa conferencia territorial.

López lembrou que as consecuencias do cambio climático son patentes en Galicia e en lugares como Noia, onde se viu especialmente prexudicado o sector marisqueiro.

"O cambio climático xa ten consecuencias directas nas actividades de Noia e de moitas outras rías de Galicia. A mortaldade de bivalvos pon en risco a actividade económica básica de la que viven moitas mulleres e as súas familias", dixo.

Nese sentido, defendeu políticas ambientais que protexan o emprego e o futuro destas traballadoras e insistiu na urxencia de evitar que forzas negacionistas accedan ás institucións de goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade