Frente Amplio esixe que se asuman responsabilidades políticas "a todos os niveis" tras o sinistro
"É inadmisible a reiteración dun accidente tan grave na rede de alta velocidade nun mesmo ano", proclama a candidatura
A formación pide unha auditoría independente sobre o estado da vía
EFE/Chema Moya
Frente Amplio esixiu que se asuman responsabilidades políticas tras o accidente ferroviario acaecido en Urda, que se cobrou a vida ata o de agora de 68 persoas, ao considerar que é "inadmisible" que se produzan no mesmo ano dous sinistros de gravidade no mesmo ano.
De igual modo, reclamou este mércores que se realice unha auditoría independente sobre o estado da rede ferroviaria e os servizos relacionados.
Así o trasladou a candidatura nun comunicado posterior á rolda de prensa do ministro de Transportes, Óscar Puente, e da declaración institucional do presidente do Goberno.
A formación traslada o seu pesar ás familias das vítimas
Frente Amplio subliñou que se pronuncia sobre o accidente desde a "consternación e a tristeza" e en primeiro lugar traslada o seu pésame aos familiares e amigos das persoas falecidas. Ademais, enviou o seu apoio aos servizos técnicos que están a traballar na zona e ao conxunto dos traballadores ferroviarios.
Logo, proclamou que a "gravidade deste terrible suceso obriga á maior claridade e transparencia sobre o sucedido".Tamén apuntou ao Ministerio de Transporte ao proclamar que "é inadmisible a reiteración dun accidente tan grave na rede de alta velocidade nun mesmo ano".
Por tanto e ante a gravidade destes feitos, Frente Amplio destacou que se requiren que se asuman "responsabilidades a todos os niveis".
"Máis aló das responsabilidades técnicas, esiximos a asunción de responsabilidades políticas. Por responsabilidade e por humanidade", apostilou para recalcar que cancela a súa axenda de precampaña ata novo aviso.