Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen 5 persoas nun operativo contra o crime organizado en varios puntos da provincia da Coruña

Deteñen 5 persoas nun operativo contra o crime organizado en varios puntos da provincia da Coruña

Está previsto que os detidos pasen á disposición xudicial este xoves en Betanzos

G24.gal 28/10/2026 16:44

A Garda Civil, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira levaron a cabo un operativo contra o crime organizado en varias localidades da provincia da Coruña e detiveron, polo menos, cinco persoas.

O operativo tivo lugar durante a xornada do martes. Fixéronse varios rexistros en diferentes domicilios, algúns deles en Narón.

Está previsto que os detidos pasen á disposición xudicial este xoves en Betanzos. A operación continúa aberta e baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade