Participantes en carreiras populares animan a facer deporte para mellorar a saúde
A Pastoriza acolleu este domingo unha competición popular, enmarcada no circuíto de carreiras da Terra Chá
Aproveitamos a carreira da Pastoriza para preguntar aos participantes que beneficios lle ven a facer deporte. Tanto maiores como cativos destacan que "permite coñecer xente, viaxar por Galicia, é sano e vén ben para o corpo, melloras na saúde e tamén a nivel mental, unha boa experiencia para ir correr con outros nenos".
Izan, no colo da súa nai Cristina, debuta na andaina popular, máis levadeira ca unha carreira. Manifesta a súa nai que "nos facía moita ilusión que puidese vir o cativo á súa primeira actividade na vila".
Os que teñen máis experiencia en carreiras insisten en que o beneficio non é gañar, senón gozar do ambiente que xeran estas competicións. Un participante expresa que é bo para "manter unha boa forma física" e outro engade que "fai ben correr, traes a familia, e despois, churrascada"
Bótenlle ganas, que razóns non faltan para facer deporte.