Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña, en pé de guerra contra as pintadas

A Coruña, en pé de guerra contra as pintadas

Dende a creación da Oficina Virtual do Graffiti conseguiron reducir a un terzo as pintadas

Destínanse anualmente 150.000 euros para a eliminación de graffiti

 

G24.gal 14/07/2025 14:49

Son 150 .000 euros os que se invisten cada ano en combater as pintadas. Combatelas a base de cepillo en brigadas de limpeza. Os operarios acaban de media cuns 25 debuxos cada día. 

Un traballo que se concreta en cifras: en 4 anos conseguiron eliminarse 40.000 pintadas por toda a cidade, pero... 

"Como os limpen, ao día seguinte xa están outra vez. Non duran nada limpos", asegura un veciño de Matogrande.

Tamén se conseguiu identificar moitos dos graffiteiros grazas ao traballo dun equipo de expertos en grafoloxía. Malia a ameaza de sancións, fai pouco efecto porque os autores adoitan declararse insolventes.

Pero a rúa tamén é espazo para a arte. Ao tempo que combate activamente o graffiti, o Concello da Coruña destina cada vez máis espazo a murais artísticos. De feito traballa nun catálogo de paredes para esta fin.

"A xente moi nova igual necesita expresarse así desta maneira, como unha forma de falcatruada. Eu non creo que se trate de vandalismo", opina unha veciña da Coruña.

Vandalismo ou non, a idade de iniciación no mundo do graffiti está entre os 12 e os 14 anos, así que expertos da Oficina Virtual do Graffiti, en colaboración coa Polícia Local, imparten charlas nos colexios para disuadir os máis novos e manter a cidade libre de pintadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade