Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen luz pola caída dun raio en Cangas

Sen luz pola caída dun raio en Cangas

Trescentos fogares de Cangas tiveron problemas na subministración eléctrica

En Darbo a caída dun raio provoca un apagamento 

Os contadores saíron voando e os electrodomésticos quedaron inservibles

G24.gal 03/12/2025 13:50

En Cangas viviron en primeira persoa as consecuencias da forte treboada do martes. Todo comezou co enorme susto que lles deixou a caída dun raio. Os veciños falan dun forte estrondo e aínda teñen o medo no corpo. Din que os coches se moveron e algúns chegaron a pensar que a casa se viña abaixo.

Aseguran que endexamais un raio fixera tanto estrondo. Despois do susto, chegaron as consecuencias. Nalgunhas vivendas de Darbo os contadores voaron e os electrodomésticos quedaron inservibles.

O raio deixo a uns veciños sen luz unhas cinco horas, ata que a compañía eléctrica reparou provisionalmente os danos. Un transformador da zona viuse tamén afectado e algúns usuarios non tiveron subministración ata ben entrada a noite. Os problemas na rede eléctrica afectaron en total a 300 fogares de Cangas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade