Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos e un menor de idade investigado polo furto de 5.500 quilos de cobre na provincia de Lugo

Dous detidos e un menor de idade investigado polo furto de 5.500 quilos de cobre na provincia de Lugo

Todos tiñan residencia en Cataluña e o cobre recuperado, devolto ás empresas prexudicadas, está valorado en máis de 20.000 euros

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 10/03/2026 12:05

A Garda Civil informou da detención de dúas persoas de 59 e 39 anos de idade e de que se investiga un menor de idade, todos eles con residencia en Cataluña, como presuntos autores dos delitos de pertenza a grupo criminal e furto de cable de cobre na provincia de Lugo.

A actuación desenvolveuse no marco do protocolo de prevención e vixilancia fronte á subtracción de cable de cobre, unha actividade delituosa que experimentou un incremento debido ao elevado valor deste metal no mercado e aos traballos de substitución do cableado tradicional por fibra óptica por parte das compañías telefónicas.

Segundo informa a Garda Civil, as investigacións permitiron determinar que os implicados, residentes na provincia de Lleida, desprazábanse ata Galicia coa finalidade de cometer este tipo de ilícitos. Os autores foron sorprendidos por axentes da Garda Civil na localidade lucense da Fonsagrada cando se dirixían previsiblemente de regreso ao seu lugar de residencia.

Froito desta investigación puido constatarse a existencia dun grupo criminal asentado e estruturado na zona noroeste, cuxo modus operandi consistía en desprazarse desde o seu lugar de residencia utilizando vehículos propios e/o de alugueiro ata as zonas onde previamente outros membros do grupo cortaran o cable.

Unha vez no lugar, xeralmente de madrugada, procedían a cargar o material subtraído en varios vehículos e regresaban de inmediato ao seu lugar de orixe, permanecendo o menor tempo posible na zona para evitar ser detectados.

Como resultado da actuación, ademais da incautación do material subtraído e a detención dos presuntos autores, foron intervidos dous vehículos utilizados na actividade delituosa.

A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións, ao existir indicios da potencial participación de máis persoas nos feitos.

O material recuperado puxóxe á disposición das empresas prexudicadas, para o seu tratamento e destino oportuno. O cobre recuperado ten un valor de máis de 20.000 euros,

Os detidos foron postos ao dispor de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá (Lugo).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade