Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade e as comunidades consensúan un plan común contra os virus respiratorios

Sanidade e as comunidades consensúan un plan común contra os virus respiratorios

Agora deberán elaborar o texto definitivo do protocolo con base no acordo alcanzado

Así é o protocolo para a gripe que prepara a Comisión de Saúde Pública

Unha das medidas acordadas é o uso da máscara en centros sanitarios. Europa Press. Unha das medidas acordadas é o uso da máscara en centros sanitarios. Europa Press.
G24.gal 03/12/2025 15:52

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas conseguiron acordar na Comisión de Saúde Pública un plan común de medidas para mitigar o impacto da gripe e outros virus respiratorios, que recupera o uso de máscara en centros sanitarios, entre outras.

"Aprobamos con todas as comunidades autónomas un protocolo común fronte á gripe, covid e outras infeccións respiratorias. O teletraballo ou as máscaras en centros sanitarios salvan vidas. Dixemos que era necesario e posible. E lográmolo", avanzou a ministra de Sanidade, Mónica García, nas súas redes sociais.

O acordo chega despois de que a Comunidade de Madrid presentase onte un documento propio de recomendacións que foron debatidas polo resto de directores xerais de Saúde Pública na súa reunión deste mércores, tras o cal deberán elaborar o texto definitivo do protocolo con base no acordo alcanzado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade