Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un transatlántico viaxa rumbo a Florida con 100 persoas con norovirus

Un transatlántico viaxa rumbo a Florida con 100 persoas con norovirus

Resulta moi contaxioso e provoca vómitos, diarrea e, nalgúns casos, deshidratación 

É a principal causa de gastroenterite por intoxicación alimentaria nos EUA

Unha viaxeira nun transatlántico nunha imaxe de arquivo Unha viaxeira nun transatlántico nunha imaxe de arquivo
G24.gal 09/05/2026 20:56 Última actualización 09/05/2026 22:25

Un barco de cruceiro con 115 persoas infectadas por norovirus navega rumbo a Florida, de onde partiu a pasada semana. O Caribbean Princess atópase agora navegando preto das Bahamas.

Segundo informan os Centros para o Control da Prevención de Enfermidades nun comunicado, para conter o gromo, o persoal do navío aumentou a "limpeza e desinfección", illou ás persoas afectadas e consultou coas autoridades sanitarias.

Este virus, que provoca gastroenterite aguda, con vómitos e diarrea, é a principal causa dos gromos de gastroenterite por intoxicación alimentaria nos Estados Unidos.

O barco ten programado chegar a Porto Cañaveral, na contorna de Orlando, o vindeiro 11 de maio, de acordo co portal de seguimento de cruceiros CruiseMapper. No buque van un total de 3.116 persoas, polo que o brote afecta un 3% da pasaxe.

O norovirus pode propagarse mediante o contacto directo con outras persoas infectadas, o consumo de alimentos e bebidas contaminados e ao tocar superficies co virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade