Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno local de Arzúa condena o acto vandálico contra a escultura de Juan Vidal, alcalde fusilado

O Goberno local de Arzúa condena o acto vandálico contra a escultura de Juan Vidal, alcalde fusilado

A figura apareceu na xornada do domingo pintada cunha frase que di "Goberno de vermellos, época de piollos"

O Goberno local traslada o seu apoio e solidariedade á familia de Juan Vidal e á de todas as persoas represaliadas en Arzúa

G24.gal 27/10/2025 11:19

O Goberno municipal do Concello de Arzúa (BNG, A.A. e PSOE) mostraron o seu rexeitamento absoluto e a súa "profunda preocupación" polo acto vandálico cometido contra a escultura de Juan Vidal, alcalde da localidade fusilado pola ditadura de Franco en 1936.

En concreto, a figura apareceu na xornada do domingo pintada cunha frase que di "Goberno de vermellos, época de piollos". Segundo o Goberno local, trátase dun "ataque fascista en toda regra", "unha agresión contra o patrimonio colectivo e contra a memoria democrática que representa a figura de Juan Vidal e outras persoas que foron represaliadas pola ditadura franquista no municipio e que, segundo apunta, son "símbolo do compromiso coa liberdade e a xustiza social".

O Goberno local traslada o seu apoio e solidariedade á familia de Juan Vidal e á de todas as persoas represaliadas en Arzúa. "Arzúa non pode nin vai permanecer calada ante actos que pretenden sementar o odio e borrar a nosa historia", apuntou. Ademais, informou de que o Concello actuará "de inmediato" para restaurar a escultura e poñer os feitos en coñecemento das autoridades competentes, co obxectivo de que se investigue o sucedido. "Reafirmamos o noso compromiso coa memoria democrática, coa convivencia e cunha Galicia libre de intolerancia e de esquecemento", subliña o Goberno local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar